Un manifesto pide a recuperación de parte da lagoa de Antela no 67 aniversario da súa desecación
Adega, Grupo Naturalista Hábitat e Sociedade Galega de Historia Natural reclaman ao Goberno central e á Xunta que traballen para a restauración das 1.028 hectáreas que eran de dominio público, seguindo os obxectivos fixados en 2022 polo Ministerio de Transición Ecolóxica para a rehabilitación de zonas húmidas desaparecidas.