Acontece
De fluír soterrado a un novo parque: Pontevedra recupera o Río Gafos coa súa 'renaturalización'
O río, que fluía soterrado durante máis de 500 metros, volverá ver a luz e recupera o seu curso natural, modificado en 1970. A actuación, no barrio de Campolongo, abrangue unha superficie de 21.000 metros cadrados, ten un orzamento de 4,6 millóns de euros, cun prazo de execución de 12 meses.
Cans lembra cun documental colectivo os 31 mortos no accidente de autobús que conmocionou a aldea en 1955
Na mañá do 26 de febreiro de 1955 un vehículo que se dirixía dende O Porriño a Ponteareas envorcou e se incendiou á altura da escola de nenos de Cans. A veciñanza acudiu para socorrer a corentena de pasaxeiros, pero pouco puideron facer. O proxecto busca preservar a memoria da aldea a través da testemuña oral das persoas de máis idade.
Movementos contra a crise do alugueiro: máis vivenda pública e menos especulación
A escalada dos prezos e a falta de inmobles dispoñibles levan á organización de iniciativas que dende a sociedade civil reclaman cambios nas políticas. Este xoves presentouse a Plataforma Galega Vivenda Xa!, que demanda un "programa de vivendas públicas con prezo taxado" e o 5 de abril unha manfestación estatal reclamará en Vigo, A Coruña e Santiago "acabar co negocio da vivenda".
Reflexos condicionados
Antonio Gregorio
A borrasca Martinho deixa máis de 600 incidencias en Galicia e varios feridos
Institutos de Cerceda e Cangas tiveron que suspender as clases polo desprendemento das cubertas e caídas de árbores e pólas provocaron varios accidentes de tráfico.
Comités de medios públicos do Estado crean unha "alianza estratéxica" para defenderse da "manipulación"
As representacións sindicais da CRTVG, RTPA, EITB, TV3, Canal Sur, Telemadrid, IB3, Canal Estremadura e Castela a Mancha Media crean a alianza 'RTVs Públicas en Loita', desde onde poderán convocar mobilizacións conxuntas
Manifestación por terra e mar como "resposta contundente" á autorización da Xunta a Altri
O sábado 22 A Pobra do Caramiñal acolle a primeira gran mobilización contra o proxecto de celulosa dende a aprobación da autorización ambiental. Convocada pola PDRA co apoio de Ulloa Viva e a Plataforma Mina de Touro-o Pino NON, na marcha espérase a participación de milleiros de persoas e de máis de 500 barcos.
- Reportaxe
- Acontece
A revolta dos veterinarios pola norma sobre antibióticos: risco ou necesidade?
Os profesionais protestan contra unha medida aprobada xa en 2023 para loitar contra a resistencia a estes medicamentos e aplicada en animais de granxa desde 2019. Denuncian que supón unha "burocracia excesiva", "pon en risco" a saúde animal e "limita" o seu criterio médico.
O profesorado ourensán, mobilizado en defensa da mestra que sufriu unha campaña na súa contra
Alumnado e familias do IES As Lagoas levaron a cabo concentracións e distribución de necrolóxicas queixándose da "mala praxe" da docente de Matemáticas e das baixas cualificacións que outorgaba. As protestas acabaron coa baixa da mestra. Este mércores unha masiva manifestación reclamou a "dignidade do profesorado" e denunciou a "indefensión" ante os ataques.
'Acción contra el odio', Khadija Amin, 'Haaretz' e o Sindicato de Xornalistas Palestinos, finalistas do premio do CPXG
Ábrese agora o prazo para elixir a candidatura gañadora, para o que poderán votar todos os integrantes do Colexio de Xornalistas de Galicia. O galardón cambia de denominación, pasa a chamarse Premio Xornalistas, e xa non leva o nome de José Couso, atendendo a unha petición da súa familia, que criticou o feito de "carecer de voz e voto" na organización.
Dereitos, igualdade e empoderamento: un 8M por e para todas que vence á choiva en Galicia
Centos de mulleres marcharon nas vilas e cidades galegas este sábado no Día internacional da muller. Houbo múltiples mobilizacións, convocadas pola pluralidade de colectivos feministas do país