Numerosas imprudencias do patrón do 'Pitanxo', segundo a investigación técnica que agora valorará a xustiza
O barco tiña sobrecarga, o capitán non tomou precaucións durante o derradeiro lance de pesca e "a orde de abandono do buque deuse moi tarde"
O barco tiña sobrecarga, o capitán non tomou precaucións durante o derradeiro lance de pesca e "a orde de abandono do buque deuse moi tarde"
O TSXG anula o despedimento dunha traballadora dun piso de menores no que se denunciou unha violación e di que non se lle pode reprochar que ademais das tarefas da casa e administrativas "estea vixiante todo o tempo"
En outubro de 2013 a Xunta celebrou a chegada do peregrino 200.000 daquel ano. Esta semana o Goberno recibiu ao número 500.000 no que vai de 2025 entre un entusiasmo que nos últimos anos achou receos na Igrexa ou entidades do Camiño por unha masificación que mesmo reflectiu o Plan Estratéxico do Xacobeo. En 2026 o Goberno galego achegará á Axencia de Turismo un 8% máis de fondos propios, pero o seu orzamento total caerá un 14% pola redución de fondos europeos de recuperación
Técnicas e técnicos de Menores da Coruña veñen de presentar ante a Consellería de Politica Social un escrito no que alertan da "grave situación" na que se atopa o servizo. O persoal detalla, por exemplo, a insuficiente dotación de persoal nos equipos técnicos que leva a que teñan que soportar "ratios de atención imposibles de asumir", superiores a 100 nenos por técnico nalgúns casos.
Os resultados da última enquisa de convivencia escolar impulsada pola Xunta revelan que case a metade do estudantado en Galicia entre 10 e 12 anos ten teléfono móbil, que posúen o 90% na ESO e no Bacharelato.
A publicación do proxecto Caprif-CC inclúe comunidades de montes que suman case 19.000 hectáreas nas catro provincias e explica en detalle as características, actividades e logros de cada unha.
Movemento Galego de Saúde Mental celebrou este sábado a súa xornada anual, que baixo o título de Nin manicomio nin intemperie: un fogar. Por unha vivenda digna, accesible e suficiente, analizou as dificultades engadidas para acceder a un fogar que sofren as persoas con problemas de saúde mental.
Jaime Palomera vén de publicar El secuestro de la vivienda (Ediciones Península, 2025), unha obra na que analiza a actual crise e fai un chamamento e propostas para repensar as políticas e devolver a vivenda á súa condición de dereito fundamental. Esta semana ofreceu unha conferencia na sede do COAG na Coruña e falamos con el.
A entidade ecoloxista mobilizará esta fin de semana máis de 70 voluntarios e voluntarias para realizar labores de control de erosión e freo de escorrentías coa colaboración dos concellos da Rúa, Petín, O Barco, O Bolo e Vilamartín. Insta a Xunta, confederacións e deputacións a promover un voluntariado galego para a restauración hidrolóxica e ambiental das zonas queimadas que teña un carácter único e integrado e que sexa permanente ao longo do ano.
A tendencia de exemplares abatidos é ascendente malia a caída de licenzas, que a Xunta tenta reverter coa renovación gratuíta e automática para maiores de 65 anos