Acontece
- Entrevista | Borxa Neira
- Acontece
"Nas zonas rurais os concellos están destinados a desaparecer ou a redistribuír os seus límites"
A presentación do informe encargado pola Xunta que propón sete posibles fusións de concellos en toda Galicia, trouxo de volta un interesante debate sobre a organización territorial do país. Falamos con Borxa Neira, autor de Mover os marcos. A (des)organizaçom do território galego (Através Editora) e Galiza, Umha..., inicio dunha triloxía sobre a cuestión.
Asociacións de nais e pais da área de Santiago piden que Educación "reflexione" e envíe máis profesorado
Asociacións de nais e pais do CEIP de Arcediago (Santiso), o CEIP Barouta (Ames), o CEIP Fontiñas (Santiago), o CEIP A Ramallosa (Teo), o CEIP A Igrexa (Calo, Teo), o CEP Ventín (Ames), o CPI Os Dices (Rois) e o CEIP Quiroga Palacios (Santiago) concentráronse para reclamar que a Consellería de Educación atenda as peticións “urxentes” destes centros de ensino
Así se monta (e desmóntase) un bulo xenófobo: o caso de Mondariz-Balneario
O concello pontevedrés foi vítima durante os últimos días dunha mentira lanzada dende redes e pseudomedios da ultradereita que afirmaba que 200 refuxiados de Mali estaban aloxados nun colexio, compartindo espazo co alumnado e que as familias foran advertidas de que as nenas non debían levar saia. O alcalde reaccionou con rapidez e determinación difundindo a realidade: os migrantes están nun hotel, non houbo advertencias nin incidentes e a cidadanía da vila non ten queixa ningunha
O orzamento social da Xunta medrou por debaixo da media dende o 2009, sobre todo en Educación
Galicia é o quinto territorio que menos incrementou o seu gasto social nos últimos 15 anos, mellorando só a evolución seguida por Aragón, Madrid, Cataluña e Castela-A Mancha. En relación ao ano 2009, a porcentaxe que representa o gasto social da Xunta sobre o total do seu orzamento reduciuse en case catro puntos
O Grove e A Illa de Arousa únense a Santiago e pedirán implantar unha taxa turística
Este venres a Xunta anunciou que a normativa necesaria para aplicar unha taxa turística estará lista "a partir do 1 de xaneiro". As dúas localidades do Salnés iniciarán os trámites para implantar a ferramenta e alertan do incremento do custo da prestación de servizos públicos durante o verán debido á chegada de milleiros de visitantes
O número de manifestacións convocadas por asociacións cidadás acada o seu máximo en Galicia dende o 2019
O número total de marchas descendeu no 2023 en relación ao máximo acadado en 2022 debido á diminución de mobilizacións sindicais e de motivación laboral. Porén, a cifra de protestas impulsadas por entidades sociais medrou notablemente, segundo os datos do Ministerio do Interior
O custo da mobilidade sostible para a Xunta: 12 millóns nunha "estrada para ciclistas"... e as brañas do Sar
A Xunta ten xa en obras unha vía de 10 quilómetros que nalgúns treitos terá 6 metros de ancho, unha actuación criticada polo seu impacto nas beiras do Sar, especialmente no coñecido como Bosque do Banquete de Conxo
A xente non se queima
Llerena Perozo Porteiro
Monbus culpa á falta de prazas nos trens das demoras nos seus servizos
A empresa fala dunha "avalancha imprevista" de viaxeiros, aos que pide mercar os billetes de forma anticipada para prever mellor os "buses de reforzo" e recomenda a quen non o faga que vaia ás estacións 45 minutos antes
Xente nova movendo os marcos: a Galicia emerxente toma a palabra en Compostela
O 5 de outubro Santiago acolle o encontro Mover os Marcos, con espazos de debate sobre as relacións sociais, a saúde mental, o medioambiente, o deporte, o rural, a literatura ou a tecnoloxía nos que participarán Mondra, Nuria Vil, Alba Mancebo, TodoMal.gal, Leti da taberna, Pradorua ou Olaxonmario, entre moitos outros e outras. A xornada está organizada pola Área de Cultura da Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Santiago e xestionada por Culturactiva S. Coop
- Interactivo
- Acontece
Sogarisa e Sogama poñen Galicia no mapa dos vertedoiros de refugallos perigosos
A suba do canon de Sogama aos concellos volveu poñer o foco no modelo de xestión do lixo. Sogarisa é a concesionaria do Centro de Tratamento de Residuos Industriais da Xunta e un dos 17 vertedoiros de refugallos perigosos de todo o Estado, cuxa situación aborda unha investigación de Civio mentres un gandeiro da zona e colectivos ecoloxistas advirten de emisións contaminantes que a patronal do sector nega