De Radiotelevisión Galicia á RG: 40 anos de radio pública en galego
O 24 de febreiro de 1985 comezaba a emisión en probas da Radio Galega, que un mes despois iniciaría a súa programación regular.
O 24 de febreiro de 1985 comezaba a emisión en probas da Radio Galega, que un mes despois iniciaría a súa programación regular.
A xustiza restaurativa é un espazo de escoita para as vítimas dun delito que busca abordar os danos que este lles provocou e reparalos. A xuíza Carme Guil Roman é presidenta do Grupo Europeo de Maxistrados pola Mediación e promove a incorporación desta metodoloxía a máis procesos. Este xoves ofreceu no Museo do Pobo Galego, convidada por Andaina Mulleres, unha conferencia sobre xustiza restaurativa nos casos de violencia sexual.
Este venres celébrase o Día da Lingua Materna. O galego fálase cada vez menos na casa, pero as cifras de uso por parte da infancia descenden aínda máis cando entran na escola. Apenas o 17,7% da rapazada de 5 a 14 anos di falar máis en galego cos seus compañeiros e compañeiras e nas cidades a porcentaxe non chega ao 5%.
A doente, que padecía un tumor terminal, ingresou no Álvaro Cunqueiro de Vigo en xaneiro de 2022. Os seus familiares pediron vela nos seus "últimos momentos", pero durante días se lles prohibiu facelo en virtude duns protocolos de actuación que, en realidade, si permitían a visita a doentes "no final da súa vida". Cando finalmente puideron facelo, a muller xa non era consciente.
Referentes do xornalismo de investigación como Ana Marcos e Elena Reina, veteranas da información internacional como Anna Bosch, pioneiras como María Escario ou referentes da información en Galicia como María Piñeiro, entre as participantes do encontro que volve ao Teatro Principal de Pontevedra os vindeiros 14 e 15 de marzo
La Robleda non é o único centro de internamento de persoas con problemas de saúde mental que inspeccionou o Defensor del Pueblo o ano pasado. O director do Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura visitou en febreiro de 2024 dúas unidades de hospitalización psiquiátrica do Álvaro Cunqueiro de Vigo e constatou que se realizan contencións mecánicas de pacientes "por escaseza de persoal"
A ordenanza coruñesa deixa aberta á declaración de zonas saturadas de vivendas de uso turístico, o que permitirá impedir a implantación de máis nos distritos con máis de 0,5 por cada 100 habitantes. As sete cidades contan con cando menos un distrito por riba dese limiar, especialmente nos barrios máis céntricos. Nas urbes galegas hai máis de 4 pisos turísticos por cada vivenda dispoñible para alugueiro estable.
Naves onde antes había empresas de automoción ou almacéns son agora centros relixiosos dunha rama do protestantismo que chegou a Galicia hai 150 anos. Na Coruña, cidade onde aterrou primeiro, o polígono da Agrela concentra boa parte dos locais de fieis evanxélicos, atraídos polo prezo, a ausencia de problemas polo exceso de ruído e a proximidade aos barrios con máis emigrantes de Latinoamérica.
Medio cento de profesoras e profesores de universidade e investigadoras fan público un escrito no que solicitan a rectificación da TVG en relación co uso do termo "bilingüismo cordial" no Telexornal nunha información sobre a "enquisa de percepción social do galego", encargada pola Xunta a Sondaxe para matizar a gran consulta sobre o uso do galego do IGE
A Garda Civil detivo unha persoa tras pescudas que sinalan boticas e varios facultativos de Cangas e Vigo. A presunta trama estaría vinculada á distribución irregular de Rivotril, medicamento empregado para elaborar karbuki, a denominada droga dos pobres.