"O xornalismo en galego tamén é esencial para a supervivencia da lingua"
A Asociación de Medios en Galego celebra a xornada cun concerto, unha web para recompilar medidas a prol do idioma e unha guía didáctica para o ensino secundario editada en colaboración coa Deputación da Coruña. O Colexio de Xornalistas advirte de que "para que os medios se parezan máis lingüisticamente á sociedade que queren reflectir son necesarias políticas valentes" tamén en axudas e publicidade "para potenciar que o xornalismo en galego sexa unha realidade e non só unha anécdota"