- Entrevista | Xosé Berdullas (COPG)
- Acontece
"Se unha persoa ten que agardar un ano por unha cita co psicólogo clínico, a súa situación pode empeorar moito"
A espera por unha primeira consulta por un problema de saúde mental pode chegar aos doce meses en Galicia. O Colexio de Psicoloxía esixe da Xunta o reforzo do persoal con cen novas prazas de Psicoloxía Clínica que permitan unha atención de proximidade nos centros de saúde. Falamos con Xosé Berdullas, vogal da Xunta de Goberno do COPG.