Alerta profesional sobre as condicións "insalubres" en pisos alugados a estudantes
As ringleiras de mozas e mozos á procura de piso regresan nun contexto no que o dereito á vivenda vai gañando espazo no debate público. O Colexio Oficial de Administradores de Inmobles de Galicia evidencia que "moitos pisos que se alugan a estudantes" non teñen as "condicións mínimas de habitabilidade" e recomenda pedir "sempre" copia do contrato e do depósito da fianza no IGVS mentres lembra que o estudantado ten os "mesmos dereitos que calquera arrendatario", así como obrigas como as referentes aos ruídos nocturnos