
Acontece
Un ataque informático deixou expostos datos persoais e documentos do rexistro de mascotas da Xunta
Enderezos, teléfonos, documentos de identidade ou pólizas de seguro das persoas propietarias de animais de compaña con chip son parte da información que puido verse afectada, segundo os servizos informáticos do Goberno galego
"Crueldade extrema" e "fonda animadversión á homosexualidade": a Fiscalía pide de 22 a 27 anos polo asasinato de Samuel Luiz
O escrito di que os catro homes e a muller acusados actuaron en grupo xunto cos dous menores xa condenados e que "eran conscientes de que coa duración e persistencia dos golpes podían ocasionar a morte"
O gasto da Xunta en políticas sociais baixou do 66% ao 63% do orzamento dende o regreso do PP ao poder
Aínda que o investimento medrou en termos absolutos e por habitante, fíxoo en menor contía que outras partidas das contas anuais da Administración galega. No conxunto do Estado a diminución foi mesmo máis importante: do 67% ao 59%. O gasto en educación en Galicia aumentou apenas un 9,9%, fronte ao 19,4% da media española.
O número de prazas de aloxamento para persoas sen fogar en Galicia sitúase por debaixo da media do Estado e descende dende o 2018
O INE publicou esta semana os últimos datos sobre os servizos de atención, que amosan un empeoramento dos equipamentos galegos de aloxamento, pero un aumento das prazas de comedor e comidas servidas. Tamén se dispara o número de intervencións na rúa, moi por riba dos datos globais do resto do Estado
Colimba
Francisco Xavier Redondo AbalA enfermaría galega volve á rúa contra a "precariedade" no Sergas e ameaza con folga
As enfermeiras, convocadas polo colectivo A por Todas, mobilizáronse en Lugo, Santiago, Pontevedra, A Coruña e Monforte contra a "deterioracion progresiva" das súas condicións laborais e non descartan un paro se a Xunta non senta a negociar.
Os Xesuítas piden "perdón ás vítimas unha vez máis" ante un programa de 'Salvados' sobre abusos no colexio de Vigo
"É unha realidade dolorosa que tamén forma parte do noso pasado", di o colexio de Teis, que colaborou na reportaxe Jesuitas 87, do xornalista vigués Gonzo, antigo alumno do centro
Semana da mobilidade sostíbel?
Iolanda TeixeiroDe que pobo estamos a falar?
Antonio GregorioXuízo á directiva dos hostaleiros de Santiago de hai unha década por fraude de axudas públicas
A Fiscalía pide varios anos de cadea e multa millonaria a cinco dirixentes da entidade e outros cinco empresarios que facilitaron facturas falsas coas que xustificar as subvencións
A Fiscalía pide seis anos de cadea para dous empresarios por delito ambiental nun vertedoiro veciño do de Sogama
Entre 2012 e 2016 provocaron en Cerceda "unha severa contaminación do chan e dos acuíferos" para "aforrar custos á empresa e maximizar os seus beneficios" e serán xulgados o luns na Audiencia da Coruña