- Entrevista | Carlos Callón
- Cultura
"A represión contra o galego vai moito máis aló do franquismo, ten unhas raíces moi profundas"
O historiador e filólogo Carlos Callón, antigo presidente d'A Mesa Pola Normalización Lingüística, presenta estes días O libro negro da lingua galega, editado por Xerais. A través de 700 páxinas amosa e debulla multitude de documentos -moitos descoñecidos- que evidencian a represión contra a lingua galega durante séculos