María Antonia Dans protagoniza o 'Día da Ilustración', que lembra o nacemento de Castelao
Bibliotecas de todas Galicia organizan actividades este luns en homenaxe á ilustradora nacida en Oza en 1922, nunha nova edición do evento organizado pola Consellaría de Cultura e a AGPI. Nas súas obras, Dans estendeu ao papel impreso o seu característico emprego de cores intensas e o seu estilo neoexpresionista.