Cultura
Javier Cercas, Manuela Carmena ou Manuel Jabois, na 'Cidade de libro' de Vilagarcía, que lembrará a Domingo Villar
Unha das citas obrigadas desta feira, que se celebrará do 13 ao 19 de xuño, son as 'Conversas ao Solpor'. Ao redor dunha temática central varios autores e autoras debaterán coa moderación da xornalista Susana Pedreira. A primeira estará centrada na "xestión emocional" e nela participarán Marcos Lorenzo e Ángel Martín
A inmersión no periplo dos refuxiados do cineasta Alejandro González Iñárritu chega á Cidade da Cultura
A instalación inmersiva de realidade virtual sobre as migracións contemporáneas 'Carne y Arena', creada polo cineasta mexicano Alejandro González Iñárritu, pódese experimentar no Museo Centro Gaiás do 1 de xullo ao 18 de setembro por quendas de tres persoas
A SELIC volve encher Compostela de libros con nove días de actividades e unha homenaxe a Domingo Villar
O Festival da Lectura da capital de Galicia, que chega á súa sexta edición, comezará o 10 de xuño e ata o día 19 incluirá presentacións, roteiros e mesmo música da man de Santiago Auserón. Así mesmo, levarase a cabo unha lectura aberta dalgunhas das obras de Villar, recentemente falecido
- Entrevista | Manuel Gago
- Cultura
"A identidade de Galicia séguese construíndo exclusivamente a partir do rural e do mundo agrario, esquecendo a Galicia urbana"
Esta semana presentouse o proxecto expositivo 'Cidades no tempo', un conxunto de sete mostras sucesivas comisariadas por Manuel Gago, que nos dous vindeiros anos buscarán poñer en valor a identidade urbana de Galicia. A primeira das exposicións, centrada na cidade de Santiago, pode verse xa en Compostela.
- Entrevista | Marga Tojo
- Cultura
“Arder é quererse, é querer o corpo propio, coas pegadas dos anos e as cicatrices de existir”
O novo poemario de Marga Tojo é, como todos os da autora, política, coidados, rebelión contra un sistema produtivo que non deixa lugar para vida, e esperanza
'Cigarreiras', de Cándido Pazó, triunfa nuns Premios María Casares moi repartidos
O espectáculo de Contraproducións e Teatre Romea faise con tres galardóns (espectáculo, dirección e escenografía), mentres que Belén Constenla e Eduardo R. Cunha ‘Tatán’ levan os premios ás interpretacións protagonistas por Terceiro acto, do CDG. Hugo, de Os Náufragos Teatro, foi o mellor espectáculo infantil e A parábola do angazo, de Talía Teatro, foi recoñecida como o mellor texto orixinal.
Volve 'Youtubeiras': seis anos ampliando o espazo para a creación en galego na rede
O lema desta sexta edición é "Para rede, a nosa", que simboliza "o orgullo de termos unha rede de creadoras e creadores que xeran contidos en Youtube e noutras plataformas". Entre as novidades, un catálogo de youtubeiras e youtubeiros para propiciar unha comunidade máis consolidada e ofrecerlle ao público un lugar de referencia na procura de contigo dixital en galego
Concha Losada, primeira presidenta do Museo do Pobo: "Estamos nun momento doce para o achegamento da xente nova á tradición"
Concha Losada asume a presidencia do padroado do Museo do Pobo Galego coa despedida de Justo Beramendi. A nova vicepresidenta é María Xosé Fernández Cerviño. Así, dúas mulleres ocupan agora os cargos máis destacados da asociación sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública, que está detrás do museo que pertence a toda a sociedade galega
Queren recentralizar a industria audiovisual
Xoán Antón Pérez-Lema
Treixadura celebra os seus 30 anos co libro-disco 'Camiño Longo'
A publicación deste novo traballo, no que a formación recupera as melodías dos seus inicios, virá acompañada dunha xira de concertos que percorrerá toda Galicia, que polo momento xa ten confirmados máis de vinte actuacións.
- Entrevista | Sara Vila
- Cultura
"O máis importante para que as mulleres deixemos de ter medo é o cambio de actitude dos homes"
A xornalista Sara Vila gañou o premio Illa Nova 2021 por Oito días sen Eva Cortés, un thriller sobre a desaparición dunha muller e todo o que acontece despois: desde a reacción de solidariedade do seu barrio ata o afundimento da súa familia ou o espectáculo na prensa. No medio, o achegamento á moza desaparecida dunha periodista cunha visión do mundo diferente á dos seus xefes. Falamos coa autora.