As 'Mil Primaveras' para o galego están na música, no xogo, nas redes sociais e nos recursos para crianzas
A CTNL deu a coñecer os proxectos gañadores dos Premios Mil Primaveras, que recoñecen iniciativas de fomento da lingua asociada a valores positivos e en contacto coa mocidade. Do berce á rúa, CantáMOLA en galego, Twitter en galego e Instagram en galego, Somos xogo, Dicionario galego para boomers e Media laranxa foron os escollidos