91 concellos galegos carecen de biblioteca municipal, con 15% menos financiamento que a media do Estado
A ausencia deste equipamento cultural afecta sobre todo á provincia de Ourense, onde máis da metade das súas localidades carece de biblioteca. BAMAD Galicia fai fincapé "na necesidade de mellorar as partidas orzamentarias, e no necesario control das políticas e accións levadas a cabo polos concellos"