Vinte no patio: os mellores contidos de VINTE para descubir de camiño á escola (e tamén na clase)
A xente máis moza atopará en Vinte no Patio vídeos, podcast, xogos e novos formatos que chegan acompañados de mudanzas e melloras no sitio web de VINTE
A xente máis moza atopará en Vinte no Patio vídeos, podcast, xogos e novos formatos que chegan acompañados de mudanzas e melloras no sitio web de VINTE
O xurado do premio, que ata este ano recibiran 4 escritoras e 39 escritores, destaca a "orixinal estrutura híbrida" desta novela histórica sobre a situación carceraria das mulleres no século XIX. En edicións previas este mesmo premio distinguira obras en galego de Suso de Toro, Manuel Rivas e Alfredo Conde. Nos últimos anos abondan as autoras e autores galegos nos galardóns do Ministerio de Cultura
13 empresas participaron no stand da Asociación Galega de Editoras nos dous encontros internacionais, entre os máis importantes do mundo. Porén, denuncian que o Goberno galego rexeitou apoiar esta acción e optou por instalar "outro stand, sen actividade, xestionado por persoal alleo ao sector, e que supón un gasto extraordinario de fondos públicos"
Este luns 24 de outubro celébrase o 'Día das Bibliotecas' baixo o lema "BiblioTEcoida", destacando que a través dos seus diversos servizos e recursos estes equipamentos "preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios". "As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un alicerce fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen", destácase
"En Galicia hai moita máis empatía e humanidade que en moitos outros sitios". O pianista James Rhodes é un declarado admirador do noso país. Un entusiasmo que se percibe desde o comezo desta conversa con motivo da súa actuación no ciclo Noites do Porto da Coruña o domingo 23, na que tocará por primeira vez un repertorio íntegro de Chopin.
Non era posible, ata agora, ler textos teatrais galegos coma Judite, de Marcos Abalde, ou As do peixe, de Cándido Pazó. O primeiro por falta de distribución e o segundo porque non fora nin editado. A Antoloxía do teatro galego contemporáneo de Cena Lusófona veu rematar con esta anomalía e con outras semellantes, xa que reúne nunha edición en dous volumes unha representación de voces da historia do teatro galego desde pouco antes de Abrente a primeiros dos anos 70
O portal atoPo da Deputación publica 150.000 fondos do arquivo municipal dende 1834 ata 2004. O repositorio suma xa 2,2 millóns de referencias de toda a provincia, agás da cidade de Vigo.
Espectáculos como 'Freak', 'Impalpable' ou 'Pequenas mentiras para contar grandes verdades', que se representan no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, teñen en común equipos con maioría de mulleres nos que se fala do traballo da actriz en primeira persoa, das mulleres que loitaron contra o illamento do rural e dos límites que pór nas interaccións sexo-afectivas
É a primeira vez que os Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Consello da Cultura Galega desde hai 24 anos, se centran nas artes e na cultura. Xosé Antonio Touriñán, Elena Ferro, Alba Cid, Ángeles Huerta ou Yoseba Muruzábal son os "terapeutas emocionais" que abren un debate que está nos teatros ou nas prazas de abastos, non só nas facultades
Castro Caldelas acolle o evento, no que cinco muralistas realizarán senllos traballos en paredes da localidade. A iniciativa do Consorcio de Turismo continúa co proxecto 'Un toque de cor na Ribeira Sacra' que dende o 2015 levou estas creacións a un gran número de recantos desta bisbarra
'Galicia, unha cultura por descubrir' é un proxecto do Consello da Cultura Galega para dar a coñecer a cultura do país no exterior, que comeza con sete autoras e autores premiados e recoñecidos debullando a súa relación coa escrita