O documental 'Xeración Perdida 36' busca "recuperar a memoria duns nomes que quixeron borrar da historia"
A longametraxe comezará a gravarse este mes de marzo e parte do traballo realizado polo proxecto 'Xeración Perdida' da Deputación da Coruña, coordinado por Emilio Grandío, que afondou na represión sufrida polos representantes municipais a cargo dos golpistas no verán de 1936.