O Día das Letras máis anómalo celébrase dende as casas e con todas as opcións abertas sobre a homenaxe a Carvalho Calero
O coronavirus impide celebrar con normalidade o Día da Letras Galegas, pero numerosas entidades tentan manter viva a conmemoración mentres a Academia xa ten sobre a mesa diversas propostas para estender a 2021 a homenaxe a Carvalho Calero, para a que deixa a porta aberta "se non hai posibilidade ningunha de resarcir no segundo semestre do ano a parálise que supuxo isto"