Cultura
A xente nova ten máis disposición a agasallar con produtos culturais en galego á rapazada
Os primeiros datos dunha enquisa sobre o interese da cidadanía en facer agasallos relacionados coa cultura á rapazada, realizada polo Observatorio da Cultura Galega, indican que entre a xente nova a intención de obsequiar con produtos culturais en galego é superior á de regalar produtos culturais en xeral
- Entrevista | Tanxugueiras
- Cultura
"Queremos demostrar que a nosa música tradicional pode ter a mesma proxección que calquera outra"
As Tanxugueiras compiten no Benidorm Fest coa canción 'Terra', coa que poden subir ao escenario de Eurovisión. Sabela Maneiro fálanos da nova sonoridade na que están a traballar para o terceiro disco, que xa ten dous anticipos: 'Midas' e 'Figa'.
- Reportaxe
- Cultura Pontevedra
Fin a 750 anos de clausura: entramos ao convento de Santa Clara en Pontevedra
A falta de monxas con vocación de clausura fixo que o convento de Santa Clara de Pontevedra ficase catro anos baleiro. Un acordo entre o Concello e a orde relixiosa pechou a etapa relixiosa do conxunto de edificios e xardíns para abrir unha nova como espazo público. Os días 18 e 19 de decembro celébranse as primeiras xornadas de portas abertas
- 🔊Podcast Retrocorenta
- Cultura
Retrocorenta 9: Facer de comer
Sentade á mesa, porque neste noveno Retrocorenta imos facer de comer. Entramos co chef Javier Olleros na cociña de Culler de Pau no Grove. Imos probar o cocido do Rodeiro, no barrio de San Pedro de Compostela. E visitamos unha cociña que xa non existe, a de Casa Vilas: é 1992 e temos un convidado realmente histórico e especial, encargado de facer unha "fast queimada".
- Con vídeo
- Cultura
'Valentina', unha película de animación "para empatizar con todas as persoas"
'Valentina' é unha aventura de animación musical cunha nena con síndrome de Down como protagonista. Dirixida por Chelo Loureiro, lanza unha mensaxe de empatía e de respecto cara a todas as persoas. Xa se pode ver nos cines en versión orixinal en galego
Os premios Xerais e Jules Verne galardoan a Berta Dávila e o Merlín distingue a Ledicia Costas
A escritora compostelá logrou o Xerais c''Os seres queridos', un "autorretrato incómodo sobre o amor maternal", e o Jules Verne por 'Un elefante na sala de estar', a historia "dunha familia que atravesa o camiño do loito co peso do estigma" do suicidio. N''O neno de lume', Ledicia Costas constrúe unha obra de "extraordinaria sensibilidade" sobre "o valor das diferenzas, as inxustizas sociais e o incuestionable poder da amizade", destaca o xurado
"Chámase arte a cousas que non son nin merda"
Sés despide o ano no Pazo da Ópera da Coruña coa xira do seu sétimo álbum, 'Liberar as arterias', co que estará en febreiro en Compostela. Con ela conversamos sobre a xuventude de hoxe, a liberdade, a arte e a honestidade. "Non quixen perder a miña vida nin converterme nun ser clasista, porque para min a música é unha arte, non unha casta", di.
Tanxugueiras xa están na carreira oficial cara a Eurovisión 2022
As pandeireteiras competirán con outras 13 bandas e artistas no Festival de Benidorm cun tema inédito titulado 'Terra', que será público este 23 de decembro
- Entrevista | Camilo Franco
- Cultura
"O lector vai encontrar un exercicio case diario de baixar santos"
O xornalista Camilo Franco presenta a aplicación literaria para móbiles Piso Franco, na que xa se poden ler diferentes textos publicados nos últimos anos e que se irá actualizando semanalmente para as subscritoras. Unha "nova versión do libro de peto" ou un "un Netflix de Camilo Franco", según se mire.
Conexión.gal achégase a un lugués que traballa polo empoderamento das mulleres no Senegal
O lugués Xavier Lovelle protagoniza o sexto programa de Conexión.gal desde Senegal, a onde chegou hai pouco despois de pasar varios anos na Guiné-Bissau. Psicólogo de profesión, optou pola cooperación internacional como modo de vida para procurar o benestar das persoas
"A maioría da rapazada sorpréndese ao escoitar certos estilos musicais en galego; non os asocian á nosa lingua"
Manuel Maseda é un dos impulsores de Ao Son da Nosa Música, proxecto socio-educativo que trata de conectar e difundir as actividades nas aulas arredor da música en galego e achegar ao alumnado unha "importante produción artística de calidade" que é "maioritariamente descoñecida" nos centros educativos.