Unha investigación sitúa o nacemento de Rosalía no 23 de febreiro e non no día 24, como ata agora
A filóloga Sagrario Abelleira localizou no Archivo Histórico Diocesano de Madrid un documento inédito, achegado pola nai da poeta, que fixa no 23 de febreiro de 1837 o seu nacemento, como adianta La Voz de Galicia. A Fundación Rosalía de Castro indica que este documento "trae máis luz ao que coñecemos da vida" da autora e anuncia que "a vindeira semana daranse a coñecer aínda máis datos de interese dos seus primeiros anos"