- Entrevista | Jorge Coira
- Cultura
“Que teñamos ficción en galego é fundamental para non esmorecer como pobo”
Jorge Coira xa é premio Pedigree do festival de Cans en recoñecemento á súa traxectoria como “figura fundamental no desenvolvemento do audiovisual galego nos últimos vintecinco anos”. Coira recibiu o Can de Pedra e colocou a súa estrela no Torreiro das estrelas no XVIII Festival de Cans, no que tamén presentou o seu documental Beiras, Vivir dúas veces.