Cultura
Da denuncia do maltrato á homenaxe ao cinema de serie B: os filmes galegos que triunfaron no festival FKM
Repasamos os filmes galegos incluídos no palmarés do Festival de Cinema Fantástico da Coruña (FKM)
Codeso, lugar natal de Anxo Rei Ballesteros, reivindica a “lucidez” e o saber vivir do autor de 'Loaira'
CRÓNICA. Acompañamos a veciños e amigos do autor na homenaxe que lle brindaron en Codeso (Boqueixón), a súa aldea natal. “Era todo derroche”. De todo. De lucidez. De enerxía. De vitalidade. De precisión na palabra. De transgresión.
O perigo das falsas amizades
L. C. CarballalO Panteón dos Galegos Ilustres acollerá a exposición do CCG sobre o 'Alba de Gloria' de Castelao
A mostra, comisariada por Manuel Gago, inaugurarase o 7 de novembro e poderase visitar ata o 3 de febreiro. O derradeiro discurso de Castelao celebrou o pasado 25 de xullo o seu 70 aniversario
Iria Pinheiro: "Toda a violencia máis sutil, fóra de que te violen ou que te maten, está tan normalizada que nin se percibe"
ENTREVISTA | Debullamos con Iria Pinheiro o proceso e o sentido da creación de Anatomía dunha serea nun contexto social, político e cultural que ampara tamén outras formas de violencia contra as mulleres, alén das máis visibles.
O Museo do Pobo Galego homenaxea a Carlos García Martínez, fundador e director durante dúas décadas
O acto terá lugar ás 12 horas deste sábado, coas intervencións de Francisco Calo Lourido, Teresa Soeiro, Encarna Otero, Xosé Ramón Fandiño, Carlos A. García Pose e Justo Beramendi. A institución destaca que García Martínez, finado o pasado mes de marzo, foi durante 42 anos "o seu principal valedor"
Compostela celebra o 'Día de Lorca', dedicado ao granadino que se sentía "poeta galego"
Este 25 de outubro celébrase en Compostela o Día de Lorca, conmemorando o aniversario da primeira visita do poeta á cidade, en 1916. O Concello editou unha unidade didáctica, realizada por Henrique Alvarellos, que detalla a profunda relación que uniu a Federico García Lorca con Galicia
Nace o Premio Laudamuco, con Vidal Bolaño no recordo, para apoiar a creación de textos teatrais en galego
O galardón, impulsado por Concello de Brión, Academia Galega do Teatro e Edicións Positivas, dará a coñecer a obra gañadora o 16 de maio do vindeiro ano, no aniversario da estrea de Laudamuco, señor de ningures (1978), considerado o momento fundacional do teatro profesional galego
Dez euros para ver o Pórtico da Gloria, pero se son para conservalo
A partir de decembro cobrarase entrada por acceder a esta obra cumio da arte románica. A Catedral de Santiago recibiu nos últimos anos 17 millóns de euros de cartos públicos para as súas obras de restauración e 6 millóns da Fundación Barrié para as actuacións que serviron para preservar o Pórtico
"Hai que distribuír recursos a través da sociedade civil creativa, máis que investir en grandes infraestruturas culturais"
ENTREVISTA | Santiago Eraso, un dos principais referentes na investigación e na xestión culturais no Estado Español, interveu este martes no Curso de Especialización en Xestión Cultural da USC coincidindo casualmente co Día das Bibliotecas, unha das estruturas culturais de base máis importantes.
'A Nosa Terra' regresa á rede coa hemeroteca dixitalizada do semanario dende 1977 e novos contidos
A publicación, dirixida por Afonso Eiré, incluirá reportaxes, crónicas, crítica literaria e entrevistas en profundidade. "Non se trata de competir, senón de complementar os medios de comunicación en galego que xa están en activo", destaca.