A 'Virxe do Río Sar' xa está no Museo das Peregrinacións
Na tarde deste luns a peza foi recollida do leiro do río e trasladada por técnicos da Consellaría de Cultura. Agora a figura será estudada en profundidade para determinar o seu valor patrimonial e confirmar a catalogación inicial, que a data no século XIV.