Cultura
O Carvalho Calero máis dixital olla cara a 2021
"Carvalho explícase a si mesmo a través dos seus textos" sinala a Agal sobre os proxectos que a asociación desenvolve sobre Carvalho Calero en colaboración con Política Lingüística, cuxo desenvolvemento se está a ver condicionado polo coronavirus
Artistas e xestores culturais sinalan eivas no plan de reactivación do sector presentado pola Xunta
A AGPXC critica a "predominancia do Xacobeo 21 como eixo transversal do feito cultural galego" e A Colectiva denuncia que "estas medidas protexen fundamentalmente á industria cultural e á turística deixando de lado a materia prima do ámbito artístico, as e os artistas"
A pandemia dos estorniños berrecallos [relato]
Xosé Antón Jardón
AGAL presenta unha completa web arredor da figura de Carvalho Calero con vídeos, unidades didácticas e un concurso
A páxina é unha “ferramenta atractiva e útil para achegarse a unha figura de tantas faces como é o propio Carvalho”, en palabras do seu coordinador. O espazo irá completándose con novos contidos ao longo dos vindeiro meses
A identidade pós-nacional galega
Xerardo Pereiro
- Video Coronavirus
- Cultura
Máis de 200 persoas bailan dende o confinamento o 'Valxe' de Os d'Abaixo
Hai un mes a banda publicou este tema, adianto do seu novo disco, animando á xente a bailar a peza nas súas casas e a gravalo en vídeo. A formación recibiu máis de 100 gravacións, coas que vén de elaborar un novo videoclip para a canción.
A Gala do Libro Galego anuncia os seus premios, que se entregarán no outono
Entre os premiados e premiadas aparecen Suso de Toro, Juan Casto Rivadulla, Susana Sanches Arins, Paula Carballeira, Emma Carballeira ou María Yáñez. O evento, organizado polas asociacións de editoras, librarías e de escritores e escritoras galegas, tiña prevista a súa celebración este sábado, pero hai varias semanas decidiuse o seu aprazamento
Os Premios Martín Códax homenaxean a María Manuela, que "fixo da música e da nosa lingua ferramentas para un mundo mellor”
A artista ferrolá recibirá o Premio Honorífico de Músicas ao Vivo. A gala de entrega dos galardóns celebrarase en Pontevedra á volta do verán, se a situación sanitaria o permite.
O Goberno central aproba axudas directas para a cultura, prestación de desemprego para artistas e adiantos para espectaculos aprazados
O Consello de Ministros deste martes aprobou unha batería de medidas para o sector, un dos máis golpeados polos efectos da pandemia. Entidades profesionais e empresas levaban semanas reclamando accións de apoio por parte das administracións.
Carvalho Calero lusista?
L. C. Carballal
- Reportaxe
- Cultura
Nacionalismo e anarquismo na Galiza: un vínculo “feble” pero vivo e “persistente” no tempo
A relación entre nacionalismo e anarquismo foi feble. Pero existiu e persistiu ao longo do tempo. Esta é unha das principais conclusións do ensaio ‘Nacionalismo e anarquismo na Galiza (1840-1940)’, (Positivas), de Dionisio Pereira e Eliseo Fernández.