Cultura
A Deputación de Pontevedra mantén os patrocinios dos festivais de música da provincia, cancelados polo coronavirus
O ente provincial asinará contratos bianuais cos sete eventos agrupados na marca #RíasBaixasFest (PortAmérica, Atlantic Fest, Sinsal, SonRías Baixas, Revenidas e Vive Nigrán), co compromiso de que se celebren no 2021. Neste 2020 organizará actuacións para emitir a través de internet e concertos en espazos de capacidade reducida
O corvo e o alcalde [relato]
Xosé Antón Jardón
- Entrevista | Iván García Campos
- Cultura
"Todos os anos escríbense cousas brillantes, pero o sistema literario galego toma o luxo de non poñerlles o foco enriba"
Volve Iván García Campos, o autor de ‘O imposible de desatar’, coa novela ‘O viaxeiro perfecto’ (Galaxia). A historia dun home que o fai todo por última vez. Que viaxa, e non para evadirse, senón para reencontrarse coas persoas que quixo. E para ser, por fin, de todo, el mesmo. Acompáñao Marco, un home máis novo que coñece por casualidade. E que encarna o afecto, os coidados. Por pura empatía.
Vigo e Pontevedra acollerán a primeira escola galega para escritoras e escritores
Na Escola de Letras, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia impartiranse obradoiros de escritura de diferentes nivel e modalidades, de Escrita Creativa ou de Poesía, entre outros. Ademais, haberá encontros con profesionais do mundo do libro e recitais con público
Quatro décadas de isolacionismo
Anjo Formoso Varela
- Galería Letras Galegas 2020
- Cultura
Flores, chíos, bandeiras e máscaras en homenaxe a Don Ricardo
Institucións, partidos e entidades sociais fan da placa e do busto de Carvalho Calero fronte á que foi a súa casa en Compostela o centro dos actos físicos mentres a cidadanía manifesta nas redes sociais e nas fiestras o seu apoio á lingua
Sobre a progresiva diminución do apoio institucional á tradución en Galicia
Jonathan Dunne
As Letras en confinamento: das lecturas dixitais ás bibliotecas e librarías que virán
Os espazos físicos da literatura adáptanse ás restricións polo coronavirus que escurecen o día de Carvalho Calero, con só tres libros sobre el e ningún da súa autoría na plataforma de préstamo dixital da Xunta
Vieiros dixitais para celebrar a lingua e a vida e obra de Carvalho Calero
Dende o sitio web sobre o autor homenaxeado neste Día das Letras a completas programacións culturais, a pandemia do coronavirus impulsou a multiplicación de contidos e eventos en liña
O Día das Letras máis anómalo celébrase dende as casas e con todas as opcións abertas sobre a homenaxe a Carvalho Calero
O coronavirus impide celebrar con normalidade o Día da Letras Galegas, pero numerosas entidades tentan manter viva a conmemoración mentres a Academia xa ten sobre a mesa diversas propostas para estender a 2021 a homenaxe a Carvalho Calero, para a que deixa a porta aberta "se non hai posibilidade ningunha de resarcir no segundo semestre do ano a parálise que supuxo isto"
- Entrevista | Emma Pedreira
- Cultura
“Como escritora estou interesada nos grandes temas universais, pero non me representa como están contados polos homes”
As dúas últimas novelas de Emma Pedreira, ‘As fauces feroces’ (Baía) e ‘Os corpos invisibles’ (Xerais), falan de mulleres “que non se comportaron en canto ao esperado e aceptado socialmente e que loitaron para acadar a súa completitude e redebuxarse como individuas”