A correspondencia con Seoane, Álvarez Blázquez e Paz Andrade amosa o lado máis íntimo de Carvalho Calero
O Consello da Cultura Galega publica 23 cartas do epistolario do homenaxeado no Día das Letras. As misivas abranguen dende os anos 30 ata finais da década dos 70 e nelas revélase a amizade que uniu ao ferrolán cos restantes persoeiros. O CCG xa publicara as 167 cartas cruzadas con Otero Pedrayo.