Contos e Novo Cinema Galego de balde para pasar mellor o confinamento
A web de Novo Cinema Galego, que funciona como arquivo dos traballos deste movemento cinematográfico, propón un ciclo de 15 filmes para ver online. De igual xeito, o Festival Atlántica de narración oral está a colgar vídeos con contos "para nenos e maiores" dalgúns dos e das artistas da edición que tivo que ser suspendida.