Tralo 'Desfile das nacións celtas' chega 'A gran noite de Galicia' en Lorient
300 artistas galegos e galegas participaron no desfile, que foi seguido nas rúas da cidade bretoa por 70.000 persoas. Esta noite Xosé Lois Romero & Aliboria, Tiruleque, Davide Salvado, Pablo Seoane ou Xirandela actúan no escenario principal do festival