Cultura
O autor da pintada na estatua da Catedral de Santiago exponse a unha sanción de entre 6.000 e 150.000 euros
Unha das figuras da fachada románica da Praza de Praterías amenceu pintada de azul, con bigotes emulando as coñecidas maquillaxes da banda Kiss. O acto vandálico podería ter a consideración de "grave", o que implicaría unha importante sanción económica, segundo o establecido na Lei do Patrimonio Cultural
Cousas que se falaron en Gondomar. Cousas que atopei en Cabo Verde
II Sonia xa está en Cabo Verde. Dende o primeiro día de traballo, comeza a constatar que hai cousas que non son como llas contaron durante a entrevista en Gondomar
Morre o actor Ernesto Chao
O actor, nacido en Ribadavia hai 74 anos, finou esta noite en Compostela. Será velado no cemiterio de Boisaca. Moi coñecido polo seu papel de Miro en Pratos Combinados, interveu en 15 filmes e 35 obras de teatro, gañando os premios María Casares e Mestre Mateo. Dirixiu o CDG entre 1986 e 1987, foi o primeiro presidente da Academia Galega do Audiovisual e entre 2016 e 2017 foi presidente da AAAG
Pequena lembranza do poeta Lois Antón
Pablo Sánchez Martínez
Manzaneda achega pistas sobre a conquista de Gallaecia polo exército romano
O colectivo de investigación Romanarmy.eu traballará do 20 ao 26 de agosto no Penedo do Lobo (Manzaneda), onde foi localizado un dos campamenos militares romanos mellor conservados do noroeste peninsular. Nos últimos anos foron atopados 17 destes recintos, que achegan pistas sobre o avance das tropas dende o século II a.d.C. Falamos con João Fonte, director do equipo.
Xosé Constenla: "A raizame antropolóxica da propiedade da terra impediu que a especulación fose aínda peor"
ENTREVISTA Xosé Constenla gañou o premio Ramón Piñeiro co ensaio O colapso territorial en Galiza, que parte da premisa de que o espazo non é un simple escenario para afondar nas causas e posibles solucións das principais eivas territoriais do país. Por Montse Dopico
Unha literatura moralizante
L. C. Carballal
Burela acompaña a Feira do Bonito coa primeira Mostra de Cine Marítimo
Entre este xoves e o sábado poderán verse cinco filmes que afondan na relación co mar e co traballo mariñeiro, títulos que ofrecen "unha mirada absolutamente singular da vida no mar, pero tamén un espazo que convida á reflexión acerca da relación entre o mar e nós mesmos"
O tesouro prerromano do galeguista Álvaro Gil xa loce no seu novo fogar do Museo de Lugo
Tras o acordo definitivo da Deputación cos herdeiros de Gil Varela a colección que inclúe emblemáticas pezas como o torques de Burela pasou a ser pública e queda exposta na sala agora anovada no Museo de Lugo
"Todo o que pasa en Ourense forma parte dun descoido provocado, aprazar as cousas ata que morran"
ENTREVISTA | Xosé Lois Vázquez, director do Outono Fotográfico, explica as razóns que levaron ao equipo organizador do festival a anunciar a súa desaparición, despois de 35 anos. Acusa o Concello de Ourense de "ningunear" o certame, mantendo aínda unha débeda de 9.000 euros correspondente á partida orzamentaria para edición 2017.
O 'Outono Fotográfico' de Ourense desaparece despois de 35 anos polos "incumprimentos" do Concello
Os seus organizadores confirmarán a suspensión do certame este luns nunha rolda de prensa na que darán conta do "proceso de calculada desatención do acordado" por parte do Goberno local. Este peche súmase ao do Festival Internacional de Cine, que este ano non se celebrará, tamén con críticas á xestión municipal