- Entrevista | Antón Rubal
- Cultura
"Moitos mozos de contornas urbanas que eran castelán falantes achegáronse ao galego grazas ao Xabarín"
Desde o Pitufo Lambón ata Son Goku (adulto), pasando polo señor Sheffield de ‘A Nanny’. A voz de Antón Rubal Pernas (O Valadouro, 1964) forma parte da infancia de moitos aínda que non o saiban. Como director de dobraxe, Rubal é o responsable da versión galega de ‘Pulp Fiction’, ‘Apocalipse Now’, ‘Heidi’ ‘Marco’ ou ‘As Normas da Casa da Sidra’.