Cultura
'O Corno' estréase en Galicia tras facer historia en Donostia e chega aos cines como un éxito que se sente colectivo
Jaione Camborda agradeceu a Cuncha de Ouro en San Sebastián destacando a importancia das referentes, a cineasta xa é a primeira directora do Estado en recibir este recoñemento. 'O Corno' chega ás salas de cinema "con forza" o 11 de outubro e ten a súa estrea galega este martes no Curtocircuíto
Novas enerxías no Galicreques: o festival busca "atrapar" a mocidade cos espectáculos de títeres
Do 7 ao 15 de outubro o Festival Galicreques trae a Compostela a máis de 30 compañías teatrais e 60 espectáculos con 14 estreas absolutas. Esta 28º edición chega cun relevo xeracional na dirección, á que accede Rafael Rey Domech, fillo dos fundadores do certame, Jorge Rey e Carmen Domech
Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía: "Ás veces hai que soñar o imposible"
Yolanda Castaño recibe a boa nova do Premio Nacional de Poesía 2023 mentres participa nun festival de poesía en México. "Creo que a poesía tamén se debe a esa actitude de cuestionar o statu quo, as verdades herdadas, as opinións de segunda man, as expectativas que existen e os valores aparentemente inamovibles que deglutimos de maneira ás veces pouco crítica", afirma a autora de 'Materia', editado por Xerais.
- Entrevista | Jaione Camborda
- Cultura
"Aposto moito por compartir inquedanzas, gústame situarme na pregunta para compartir co espectador"
Jaione Camborda conta en 'O Corno' a viaxe persoal dunha muller que ten que refacer a súa vida de imprevisto, coa maternidade e a liberdade como temas de fondo. Gañadora da Cunha de Ouro no Festival de San Sebastián, chega aos cines o 11 de outubro
As mulleres no Seminario de Estudos Galegos: de Carmiña Sierra a unha ducia de socias activas
Aurora Marco vén de publicar a biografía Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos (Alvarellos), presentada este xoves en Pontecesures, onde naceu en 1906 esta mestra e militante comunista que en 1923 se converteu na primeira muller en ser admitida na institución.
Cuestións de identidade nalgunha música galega actual
Rebeca Baceiredo
Unha Carta Aberta a Europa
David Harsent
O Consello Asesor do Museo de Pontevedra dimite ao completo tras a remuda do director por motivacións "de orde partidista"
A pasada semana a Deputación, agora presidida polo popular Luís López, anunciou o nomeamento de Ángeles Tilve Jar en substitución de José Manuel Rey, que chegara en 2019 tras un concurso aberto. Os sete integrantes do Consello Asesor abandonan o posto en "disconformidade" con decisións "unilaterais" que "non responden a ningún parámetro de orde técnica"
O CGAC celebra 30 anos de "aposta polo risco" con actividades nas que o edificio de Siza gaña protagonismo
O 29 de setembro de 1993 foi inaugurado o Centro Galego de Arte Contemporánea. Esta semana, polo tanto, celébrase o 30 aniversario da entidade, que conmemora a efeméride cunha serie de actividades que acompañan unha programación de exposicións e instalacións que nos últimos meses están a facer repaso da traxectoria do museo.
O OUFF eleva a sección competitiva galega para igualala á internacional na edición 2023 do festival
Do 29 de setembro ao 8 de outubro o Ourense Film Festival ofrecerá máis dun cento de proxeccións e actividades. Entre as súas novidades está a posta en marcha da sección competitiva galega (Panorama Galicia), que inclúe sete documentais e tres filmes de ficción.
A loita contra a intransixencia dende as artes escénicas protagoniza a 32ª edición do FIOT de Carballo
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo abraza a diversidade desde as artes escénicas. Nesta edición número 32, que se celebra do 28 de setembro ao 31 de outubro, contará con 38 espectáculos, dez estreas absolutas e oito estreas en Galicia