Nace ‘Nosoutras’, a primeira serie audiovisual sobre as mulleres da revista 'Nós'
Nós Televisión produce e realiza este traballo documental de tres capítulos para dar a coñecer as mulleres que escribiron na revista 'Nós'. O primero capítulo, adicado á irlandesa Anne MacSwiney, estreouse este sábado, 21 de outubro na canle de youtube de Nós Televisión e toda a serie está tamén dispoñible en Movistar Plus+ para todo o Estado español.