Cultura
"Temos que reivindicar o dereito a estar continuamente repasando e revisando as nosas ideas"
Quedamos con Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) para tomar un café no seu barrio, en Vigo, unha mañá de primavera que non quere chover. “Temos que reivindicar o dereito a estar continuamente repasando e revisando as nosas ideas. Pero cando os cambios se producen por razóns de interese económico ou persoal, non de coherencia interior, conducen ao esperpento e ao ridículo, e son inmorais. A non ser que sexas de cartón pedra, se estás vivindo as ideas, pois as ideas están sometidas a movemento; outra cousa son os cambios interesados e fraudulentos”, asegura na conversa.
- Entrevista | Marta Villar
- Cultura
"A literatura ten que ser politicamente incorrecta. Se non sería o BOE ou unha acta notarial"
Contra o machismo, militancia. Pero non a da protesta ou a da loita pola mudanza das mentalidades a través do diálogo público. Senón a da acción directa, nunha sociedade secreta. Este podería ser o lema de Dina Souto, a protagonista da novela Non temerás os coches amarelos (Xerais), de Marta Villar. Aínda que hai moito máis nesta personaxe. Falamos coa autora
A "automemoria" de Francisco Fernández del Riego: do primeiro mitin con Castelao ao acubillo da Biblioteca Penzol
"Reproduzo mentalmente retratos que iluminaron algúns dos máis felices instantes da cultura galega", asegura don Paco sobre as memorias que recompila en 'Camiño andado', escrito pasados os noventa anos e no que repasa os comezos no Seminario de Estudos Galegos e no activismo universitario para despois buscar outras formas de organizarse, como Galaxia, tras a guerra civil
Airiños, 90 anos de teatro do pobo dende Rianxo
O grupo de teatro amador máis antigo de Galicia aínda en activo, formado en 1933, celebra este ano o seu 90 aniversario cunha ampla programación de actividades. Mantivo o seu compromiso coa lingua galega en plena ditadura e nos últimos anos comezou a recibir o xusto recoñecemento á súa traxectoria
A Semana de Poesía Salvaxe despídese despois de 15 anos e critica a falta de apoio do Concello de Ferrol
O encontro poético celebrará a súa derradeira edición entre o 27 e o 29 de abril e denuncia o "cru desprezo" do actual goberno municipal. Dende o 2008 pasaron pola cidade naval ducias de poetas, que levaron os seus versos a todo tipo de espazos, dende auditorios e bares ata rúas, prazas e mercados.
- Entrevista | Leilía
- Cultura
"Chegamos a tempo para ser ponte directa entre as aldeas e o presente"
Leilía foron as primeiras, din que chegaron no momento xusto. O pasado 4 de marzo Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez anunciaron a súa despedida dos escenarios. Agora din adeus aos palcos coa xira de Vidas cantadas, como cantadas foron as vidas das mulleres que as axudaron a recuperar a cultura galega arrasada.
Alvarellos celebra o 50 cabodano de Lugrís rescatando cinco carteis cos que iluminou a Galicia gris da ditadura
Trátase das ilustración cheas de cor que realizou para as portadas da revista Vida Gallega entre 1955 e 1959. "O sangue artístico de Urbano Lugrís é un surrealismo de fantasía e de imaxinación. Con este legado ás costas atravesou a Longa Noite de Pedra", destaca Olivia Rodríguez Tudela, estudosa do pintor.
- Entrevista | Irene Montero
- Cultura
"Pode ser que estea superado o desprezo ás persoas con discapacidade, pero non sei se a conmiseración"
Lúa Lóngora, a protagonista da novela gañadora do VIII Premio Cidade Centenaria de Ribeira, é cega de nacemento. E a súa é unha historia non normal, senón extraordinaria, porque a súa vida está marcada polo éxito. Pode semellar unha idealización da realidade dunha persoa discapacitada nun contexto social e institucional non moi preparado para a diversidade funcional. Mais o obxectivo da súa creadora, a escritora Irene Montero, é salientar que, se se poñen á disposición das persoas con discapacidade as ferramentas necesarias, poden ter unha vida como a dos demais
Picasso regresa á Coruña: "a cidade na que espertaron os meus sentidos"
Ata o vindeiro 25 de xuño o Museo de Belas Artes acolle a exposición Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro, unha das citas culturais imprescindibles neste ano en Galicia. A mostra reúne un cento de pezas que reflicten os diferentes períodos artísticos do pintor e o seu vínculo coa cidade, que ata decembro acollerá unha trintena de actividades ao redor do artista
Os premios Follas Novas do libro galego xa teñen finalistas: 39 aspirantes para 13 galardóns
O vindeiro 22 de abril terá lugar no Teatro Principal de Compostela a gala de entrega da oitava edición dos premios, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia.
O arquivo de Lois Tobío bota luz sobre como se organizou o exilio tras o golpe fascista e o celme do Estatuto
O fondo Lois Tobío creado no Consello da Cultura ofrece "unha ollada múltiple, meticulosa e completa sobre múltiples feitos" e axuda a coñecer mellor a historia de Galicia e da España do século XX