- Entrevista | Alfonso Pato
- Cultura
"O Festival de Cans é aquí e non podería ser en ningún outro lado, non se pode transplantar"
O Festival de Cans celebra a súa vixésima edición, dúas décadas nas que o certame medrou en dimensión pero nunca perdeu a súa esencia. Falamos co seu director, Alfonso Pato, sobre a programación deste ano e tamén sobre a identidade e traxectoria do evento, cos chimpíns a piques de arrincar.