Álvaro Gago e María Vázquez, finalistas dos Goya por 'Matria' e Janet Novás por 'O Corno'
Matria opta a dous premios nas categorías de mellor dirección novel e de mellor actriz protagonista e a protagonista de O Corno opta ao galardón á mellor actriz revelación. Ademais, El sueño de la sultana é finalista na categoría de mellor longametraxe de animación e To bird or not to bird na de mellor curtametraxe de animación. Tamén é finalista Xoel López na de mellor canción polo seu tema 'Eco'.