- Entrevista | Diego Giráldez
- Cultura
"Escribir é deixar que te toquen, que te soben e incluso que te manipulen"
Un home pueril, covarde e dependente protagoniza a última novela de Diego Giráldez, O meu sangue (Galaxia). Un monólogo de amor, desamor, morte e vinganza no que este personaxe tenta xustificar o inxusticable. Unha pescuda na miseria humana que conduce con habilidade ao lector por un camiño que se acaba revelando falso. E que axuda, quizais, a cuestionarnos a nós mesmos e a nosa relación coa violencia.