A hostalaría estoupa en Galicia e reclama axudas xa para evitar unha "ruína inmediata" pola pandemia
O sector mobilízase en varias cidades e asociacións empresariais chaman mesmo á "insubmisión fiscal" ante as restricións e a falta de axudas. Varios Concellos reclaman á Xunta que active xa un plan de rescate para autónomos.