A mobilización e a folga de vinte traballadoras salva a tenda de H&M en Ourense
As protestas e os paros das empregadas, as primeiras en saír á rúa contra o ERE, fixeron recuar á multinacional téxtil, que sacou o establecemento ourensán da lista de peches e decidiu manter o emprego de todo o persoal.