Economía
A CIG advirte á Xunta con mobilizacións se mantén o "indecente" plan de pagar a bancos por poñer caixeiros onde xa non hai oficinas
A Xunta ultima unha orde para subvencionar a bancos que instalen caixeiros en concellos sen oficinas e axudar a operar neles dúas horas á semana. O sindicato subliña que ante a exclusión financeira "non caben ocorrencias e, aínda menos, incentivar o peche de oficinas, a redución de servizos e a destrución de emprego mediante a transferencia de diñeiro público a entidades con beneficios millonarios"
As traballadoras da limpeza levan as súas fregonas amarelas ante a sede da Xunta en demanda dun "convenio digno"
O persoal da limpeza da provincia da Coruña levou a cabo este mércores unha terceira xornada de folga cunha manifestación que rematou ante a sede da Xunta en San Caetano "porque o Goberno galego ten moito que dicir neste conflito".
Feijóo acusa a BNG e PSdeG da crise industrial en Galicia
O presidente atribúe aos nacionalistas a oposición social aos parques eólicos e aos socialistas o peche da térmica das Pontes
Pontón e Caballero reclaman mellores condicións para o persoal de limpeza, "traballadoras imprescindibles na pandemia"
O persoal convocou novas xornadas de folga para os 11 e 12 de maio en demanda dun convenio "digno" nun sector que incrementou os seus ingresos durante a pandemia pero que mantén unha gran precariedade. “As empresas fixeron o seu agosto coa pandemia e teñen a caradura de negarlle melloras salariais a quen fixo o traballo duro", sinalou a líder do BNG
A mellora da COVID permite crear 3.200 empregos en abril, pero aínda hai 27.000 persoas en ERTE
O paro rexistrado descendeu en 9.941 persoas no pasado mes tras o alivio nas restricións.
A Xunta permitirá muíños en lugares non previstos no Plan Eólico, pero non quere que o Estado poida facer o mesmo
O Goberno galego quere que os concellos poidan coñecer os futuros proxectos antes de que se expoñan ao público para o resto da cidadanía
A Xustiza intervén a antiga Alcoa na Coruña cun auto que "evidencia" o "baleirado" económico da factoría
A Audiencia Nacional relata unha operación de Parter e do Grupo Riesgo para a "descapitalización" da planta e advirte de indicios de presuntos delitos de estafa, apropiación indebida, branqueo ou pertenza a grupo criminal.
- Mapa interactivo
- Economía
A contía das pensións de xubilación nas cidades supera a media galega, pero con grandes diferenzas entre barrios
Nas seccións censuais máis ricas, situadas nos centros urbanos, a pensión media supera os 1.600 euros e duplica a pensión media das zonas máis empobrecidas desa mesma cidade, por debaixo de 800 euros.
A folga do persoal de H&M en Ourense contra o ERE na empresa esténdese á Coruña e Lugo
A CIG subliña que só dúas das oito tendas galegas da multinacional sueca quedan "de momento, libres das consecuencias do ERE". O sindicato reclama a negociación do expediente de regulación de emprego "por territorios, non estatal", a comezar pola "retirada dos despedimentos nos centros de traballo que nin sequera teñen perdas"
Artellarmos outra produción eólica
Xoán Antón Pérez-Lema
Que pasa co emprego?
Manoel Barbeitos