Economía
Mocidade e persoas con contratos temporais, primeiras vítimas da destrución do emprego provocada pola pandemia
Practicamente non houbo perda de postos de traballo entre as persoas con contratos indefinidos, pero si, e de forma moi importante, nas persoas con contratos temporais. Hostalaría e comercio reduciron 30 mil empregos dende o pasado ano. O número de persoas ocupadas caeu moito entre os menores de 35 anos
A crise xerada polo coronavirus destrúe outros 33 mil empregos en Galicia
O número de persoas rexistradas como 'paradas' descende en 14 mil, pero a razón é que moitas aparecen como inactivas, pois o confinamento impediulles buscar emprego. O sector servizos -pero tamén o industrial e a construción- e as xeracións máis novas foron os máis afectados.
A produción ecolóxica galega certificada triplicou as súas vendas dende o 2015
Craega presentou este luns a súa Memoria correspondente ao pasado ano, cun aumento do 18% no seu volume de negocio, que xa se achega aos 100 millóns de euros anuais. Leite, carne, ovos e acuicultura e algas son os produtos que máis medran. Autobuses rotulados coa campaña "somos semente" percorreran as sete cidades galegas
A taxa de pobreza e exclusión social aumentou en Galicia nos meses anteriores ao coronavirus e supera o 24%
O indicador medrou no 2019 por segundo ano consecutivo e achégase á media do Estado Español, que leva 5 anos en descenso. A renda media por persoa en Galicia redúcese por primeira vez dende o 2015 e increméntase a porcentaxe de persoas con carencias materiais e dificultadas para facer fronte aos gastos principais
Os alugueiros na Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago seguían subindo con forza ata antes da pandemia
Os prezos mantiñan ata abril o ascenso continuado iniciado en 2015, cun encarecemento medio de máis de 100 euros en Vigo e na Coruña e valores medios que superan os 600 euros nos centros destas dúas cidades. Tamén nas grandes vilas os prezos medraron un 13% dende o 2016.
Non máis mortes no traballo
Roi Fernández
Alcoa e o capitalismo sen alma
Manoel Barbeitos
Os concellos galegos reduciron a súa débeda á metade dende o 2014, mentres a Xunta incrementou a súa
As entidades locais veñen diminuíndo dende o ano 2012 os seus números vermellos, obrigados polas limitacións impostas polo Ministerio de Facenda. Pola contra, a administración autonómica duplicou a súa nunha década. Os Blancos é o concello con máis débeda por habitante, seguido de Miño e Catoira.
Coronavirus: o atraco bancario
Iolanda Teixeiro
Galicia recupera máis de 10.000 empregos en xuño pero hai aínda 27.000 menos que antes da pandemia
O número de afiliados á Seguridade Social incrementouse de media en 10.628 no pasado mes de xuño. O paro rexistrado descendeu en 6.428 persoas.
Folga total do persoal de Alcoa na Mariña, que clama por unha "intervención" ante a Xunta
O seguimento do paro é do 100% entre os traballadores, que esixen a Feijóo ante San Caetano que apoie intervir a fábrica para evitar os despedimentos.