A Coruña e Lugo foron as cidades galegas con maior gasto social en 2018
A Coruña destinou 114 euros por habitante a actuacións de protección e promoción social, fronte aos 109,8 de Lugo. Ourense (94,3), Ferrol (93,6) e Compostela (86,5) aparecen en seguinte lugar, nunha listaxe que pechan Vigo e Pontevedra.