O Estado di que o seu plan ofrece “garantía de investidor” para Alcoa, que ameaza con pechar en San Cibrao
A ministra Reyes Maroto asegura que o estatuto da industria electrointensiva permitirá salvar as plantas de Alcoa da Coruña e Avilés pero a multinacional advirte de que mesmo pon en risco o futuro da de San Cibrao, que supón o 30% do PIB de toda a provincia de Lugo.