Os fogares con todos os membros no paro duplicáronse en Galicia dende 2009
Máis de 12.000 nenos e nenas vivían a finais de 2012 no país en fogares sen ningunha persoa ocupada. Entre a mocidade, a taxa de desemprego xa supera á de ocupación.
Máis de 12.000 nenos e nenas vivían a finais de 2012 no país en fogares sen ningunha persoa ocupada. Entre a mocidade, a taxa de desemprego xa supera á de ocupación.
ITX Trading está domiciliada na cidade suíza de Friburgo e é a única das catro compañías do grupo dedicadas ás compras que ten a sede no estranxeiro. A multinacional galega asegura na súa memoria de 2012 que investiu medio millón en desenvolvemento comunitario no país asiático.
Os indicadores de pobreza dispáranse en Ferrol, A Coruña, Pontevedra, Vigo e as comarcas das súas contornas, mentres que se manteñen estables ou mesmo descenden en Ourense e Lugo. O mesmo sucede con outros indicadores, coma o dos fogares con dificultades para chegar a fin de mes ou as familias que dependen en exclusiva de prestacións.
O presidente da Xunta defende que España modificou a lexislación na que se basea este imposto para "blindalo ante calquera problema que teña nas instancias europeas” e que o ditame coñecido hoxe é "anterior a esta modificación lexislativa"- Os orzamentos da Xunta para 2014 elevaron esta taxa en dous céntimos.
Hai 277.100 parados, 11.100 menos que no anterior trimestre, pero 13.100 máis que hai un ano. O número de ocupados sobe en menos de 8.000 persoas e baixa case en 42.000 con respecto ao anterior exercicio, síntoma de que a emigración non se detén.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) presenta o estudo A participación das mulleres nas cooperativas, que revela a súa escasa presenza nas xuntas reitoras das cooperativas agrarias e identifica os principais obstáculos para o seu acceso.
A débeda pública segue a ser a terceira 'consellería' do Goberno, só por tras de Sanidade e Educación. Os réditos do endebedamento medran un 20% a respecto dos Orzamentos de 2013.
Os fondos dos tres principais programas de políticas activas de emprego volven caer nos Orzamentos para 2014 e acumulan un descenso de case o 42% con respecto a hai dous anos.
Sanidade, Traballo e Benestar e Educación contarán con 55,5 millóns de euros menos para o vindeiro ano, segundo o proxecto de Orzamentos entregado pola conselleira de Facenda ao Parlamento.