Litio en Doade: a UE quere extraer tamén dentro de si o mineral clave na transición verde
A mina que a Unión Europea sinala como "estratéxica" é rica na materia prima clave para almacenar e utilizar enerxía limpa, impulsar as renovables e reducir o uso de combustibles fósiles e a crise climática. Ao tempo, o xacemento ergue o debate sobre o posible impacto social e medioambiental da explotación dun mineral que Europa ten que buscar fóra das súas fronteiras e cuxa demanda medra cada vez máis.