- Datos Dereito á vivenda
- Economía
Anatomía do rendismo popular galego: case 200.000 caseiros cunha media de 600 euros mensuais
As medidas políticas a prol do dereito a vivenda redundan en beneficios de quen precisa un teito a prezo razoable e atopa resistencias nos grandes grupos inmobiliarios, mais tamén no rendismo popular. Pero, quen son estes rendistas? O peso da poboación que declara a Facenda ingresos por alugueiros de inmobles é en Galicia notablemente maior que na media estatal entre a poboación con rendas inferiores a 30.000 euros. Tanto no caso galego como no total estatal, os ingresos inmobiliarios son maiores canto máis alta é a renda total da persoa