Economía
A Comisión Europea confirma a viabilidade do sistema público de pensións nas décadas vindeiras
Xabier Pérez Dávila
Os alugueiros dispáranse: na Galicia urbana un terzo das familias dedica máis do 40% dos ingresos ao seu pagamento
O Banco de España alerta no seu último informe de que o 35% dos fogares realizan un "sobreesforzo" para pagar o alugueiro nas cidades galegas. Segundo o Observatorio da Vivenda, dependente da Xunta, os novos contratos de alugueiro son hoxe un 30% máis caros que hai seis anos. Idealista eleva aínda máis esta porcentaxe, ata o 40% de incremento.
Caixa Rural Galega dispara beneficios ata os 21 millóns con novo récord de depósitos, crédito e persoal
A entidade cooperativa incrementou en 2023 as ganancias un 140% co impulso clave da suba dos tipos de xuro, o que lle outorga "marxe para abrir novas oficinas", anuncia o seu presidente tras un ano no roldou os 1.800 millóns en depósitos e os 851 en créditos e destinou 400.000 euros a patrocinios co seu Fondo de Educación e Promoción
A OPA do BBVA ao Sabadell en Galicia: superpostos en 43 concellos e disolución dos restos do Gallego
Hai tempo que o que noutrora puido ser considerado sistema financeiro galego desapareceu como tal. Se entendemos por sistema un conxunto de varios elementos que forman un todo. En rigor, a única entidade galega que sobreviviu como tal á marxe das quebras, rescates ou compras obrigadas foi a Caixa Rural Galega. Así foi especialmente dende que o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) adxudicou ao venezolano Banesco a poxa de Novagalicia Banco, a entidade resultante do rescate de Novacaixagalicia, froito da fusión fracasada de Caixa Galicia con Caixanova.
O gas que entra en Galicia, ou de Rusia ou do 'fracking'
Dende que comezou guerra en Ucraína, Galicia incrementou as súas importacións de gas procedente de Rusia. Tamén aumentou a chegada de gas con orixe nos Estados Unidos, extraído mediante a técnica do fracking, máis nociva para o medio ambiente
- Datos
- Economía
O abril con máis cotizantes en década e media marca outro mínimo de inscricións no paro en Galicia
Malia un crecemento menor á media do Estado, onde se acadan os 21 millóns de cotizantes, a afiliación media á Seguridade Social en Galicia é a mellor nun mes de abril dende a caída de Lehman Brothers en 2008. A CIG ve o mercado laboral marcado pola temporalidade, UGT resalta a súa redución grazas á reforma laboral. O Goberno galego do PP congratúlase duns datos de paro rexistrado que considera "histórico" mentres a dirección central do PP os atribúe á "maquillaxe"
Da construción ao sector servizos: un Primeiro de maio polo traballo seguro
Nos dous primeiros meses de 2024, segundo os datos do Ministerio que recolle UGT, Galicia rexistrou un total de 4.581 sinistros laborais (incluídos os ‘in itinere’). 4.503 foron leves, 72 graves e 6 resultaron mortais. Este Primeiro de maio os accidentes laborais mortais xa ascenden a 13 en toda Galicia, segundo os cálculos da CIG
- Datos
- Economía
O paro repunta con forza en Galicia no primeiro trimestre, no peor comezo de ano dende 2012
O número de desempregados e desempregadas sitúase en 131.600 persoas, 16.700 máis que as 114.900 de hai tres meses. O pasado ano o paro só medrou en 3.400 no mesmo período. Entre xaneiro e marzo destruíronse máis de oito mil empregos. Con todo, a evolución no último ano segue a ser positiva.
Da represión franquista e o conde de Fenosa ao emir de Abu Zabi
O xigante emiratí TAQA evidenciou esta semana o seu interese por mercar Naturgy, a empresa xurdida da compra de Unión Fenosa por Gas Natural, mediante negociacións con CaixaBank e dous fondos de investimento. FENOSA naceu tras a entrega a Barrié por parte dos golpistas das empresas roubadas a José Miñones, asasinado en 1936
Nin coadoiro, nin aceleración de renovables: 1 eólico autorizado e 13 desbotados tras dous anos de redución de trámites estatais
A decisión do Goberno de España de simplificar algunhas avaliacións ambientais non atraeu tantas iniciativas en Galicia como noutros lugares do Estado, en todo caso cun volume tamén mínimo de autorizacións
- 📺
- Economía
Unha vintena de colectivos do mar esixe un plan real á Xunta pola crise do marisco: "Así, imos para a casa"
O sector reclama "medidas estruturais" de xeneración dos bancos marisqueiros e saneamento e coidado das rías combinadas cun plan de axudas directas. "Existe a posibilidade de que decaian os plans de explotación e as concesións e haxa quen queira botar man delas, vendéndoas ás empresas de acuicultura industrial", advirten