Economía
Anatomía dos fondos Next en Galicia: 1.545 millóns, a metade xa asignados e o 76% para empresas
Contando as convocatorias xestionadas dende o Goberno de España, os fondos Next Generation chegados a Galicia ascenden ata case 3.300 millóns. Euskadi é a autonomía que máis fondos adxudicou dentro do total asignado e Galicia, a que máis distribuíu dos que xa convocou. Os regadíos da Limia ou iniciativas en materia enerxética, entre os "proxectos emblemáticos" galegos que destaca o Estado
- Datos
- Economía
Os impostos cos que Feijóo acusa a Sánchez de "forrarse" disparan un 20% os ingresos da Xunta
Segundo o Ministerio de Facenda, a recadación de impostos da Xunta aumentou nuns 1.255 millóns durante o pasado ano, na liña do estimado polo Goberno galego ao elaborar os seus orzamentos
"O marisqueo a pé vai desaparecer": mariscadoras de todo o país ven morrer o marisco nas rías
"Algo está pasando nas rías", repite quen traballa e vive do mar. As que máis o están padecendo son as mariscadoras, que veñen dun verán moi malo para a produtividade –aínda que non tanto para os prezos–, unha campaña de Nadal interrompida e case sen ganancias e un 2024 no que non saíron do cese de actividade
- Datos
- Economía
O marzo con máis cotizantes á Seguridade Social en Galicia dende hai 16 anos
Galicia chegou en marzo ás 1,06 millóns de persoas afiliadas á Seguridade Social. Co obvio impulso da Semana Santa, as cifras de emprego melloran mentres caen as de contratos asinados e o desemprego rexistrado descende a mínimos da serie histórica. A dirección central do PP atribúe os bos datos de emprego e paro á "maquillaxe" e a cifras "enganosas" mentres a Xunta aplaude o resultado e destaca a caída do desemprego rexistrado "en todos os sectores" e especialmente entre mulleres e menores de 30 anos
Investigadores da USC cifran en dous mil os furtivos de marisco e desenvolven unha ferramenta para reducir as capturas ilegais
O Grupo EcoPesca publicou un traballo na revista Marine Policy no que a partir das sancións impostas entre 2012 e 2020 calcula que se extraeron ilegalmente un mínimo de 660 toneladas de ameixa, centola, nécora, ourizo, berberecho e percebe nese período. A metodoloxía pode ser empregada no futuro para analizar a evolución desta problemática, o nivel de reincidencia ou as especies obxecto de furtivismo
Altri, Trabalho e Renda Básica
Bieito Lorenzo Penela
Audasa bate o seu récord de beneficios, con 82,6 millóns de euros
A concesionaria da AP-9 ingresou 192 millóns de euros en 2023, dos que 134 foron pagados polas persoas usuarias e 58,5 polo Estado a través dos diversos descontos que foi implantando nos últimos anos.
- Datos
- Economía
A industria galega aumentou un 61% a súa facturación dende 2016
Os 58.812 millóns que a industria galega facturou en 2022 supoñen un récord absoluto. Unha das claves hai que buscala no incremento dos prezos do gas e da electricidade, que fixo que os ingresos das compañías enerxéticas se multiplicasen. Con todo, o incremento da cifra de negocio responde a unha tendencia iniciada na década pasada e que non se limita ao sector enerxético
Altri: así, non
Xoán Antón Pérez-Lema
Radiografía do sector industrial galego: unha oportunidade de país en crecemento
En contra das imaxes estereotipadas, en Galicia hai industria. Altamente cualificada, avanzada tecnoloxicamente e internacionalizada, moi diversificada e estendida polo territorio. E cun tamaño e potencial coa capacidade de constituír a mellor oportunidade de futuro para o país. Recollemos as impresións do empresario Daniel Hermosilla e debullamos algúns dos exemplos desta rede de empresas.
A preocupación das empresas enerxéticas
Antonio Gregorio