Casado, Morenés, un neto de Botín e ex-altos mandos militares: quen frega as mans co rearme
Dous fondos de capital risco españois botan a andar en plena escalada belicista en busca de oportunidades nun sector moi atomizado que dominan catro xigantes
Dous fondos de capital risco españois botan a andar en plena escalada belicista en busca de oportunidades nun sector moi atomizado que dominan catro xigantes
En 2024 morreron 58 traballadores, 23 deles na provincia de Pontevedra. CC.OO. esixe "maior control das condicións laborais e unha prevención eficaz" e cualifica de "intolerable" que ante o aumento das doenzas profesionais e accidentes "desde as empresas e a Xunta se cuestione a profesionalidade das persoas traballadoras e médicas"
Navigator critica o Goberno portugués pola súa "falta de aposta na reabilitação das áreas florestais" e acúsao de "comprometer a sustentabilidade" do sector: "É chocante". O valor económico das plantacións de eucalipto que ten en Galicia medra fronte ao descenso nas de Portugal
Dous xulgados de Ourense e o TSXG emiten sentenzas sobre casos distintos en tendas distintas que revelan como empregados ata daquela ben valorados foron penalizados cando se presentaron a eleccións por esa central sindical
Como o TSXG, o alto tribunal estatal tamén emite autos con resultado dispar sobre un mesmo parque eólico porque en cada un valora argumentos distintos esgrimidos por recorrentes distintos
O alto tribunal ratifica que "o traballador demostrou que pode asumir a súa categoría profesional" e que a empresa non probou nin a súa incapacidade nin que tentase adaptar o seu posto de traballo
A empresa desprazou persoal desde outros lugares, estableceu gardas por riba do normal e mudou os seus protocolos habituais para axilizar a substitución de folguistas
O pasado foi o primeiro ano sen a bonificación do 95% do IBI de que desfrutaba desde o franquismo, polo que pasou de pagar medio millón a 7,6 millóns, unha moi pequena parte dos 210 millóns ingresados por peaxes
Os sindicatos representados nos comités de empresa de Zara e Pull&Bear subliñan que o crecemento e éxito de Inditex se debeu "ao esforzo dos traballadores galegos" e por ese motivo instan á compañía con sede en Arteixo a "manter o seu compromiso coa comunidade que a viu nacer"
Segismundo García subliña que a Inspección lle traslada que "as deficiencias non supoñen risco inminente" para o persoal e que, se cómpre obras, o conselleiro de Emprego se "compromete a apoiar a súa realización". O conselleiro, con "satisfacción", asegura que a Xunta "demanda que haxa, no que se refire aos prazos, a maior flexibilidade posible dentro da legalidadade"
O TSXG ratifica que a empresa "desatendeu os requirimentos" que lle fixeron durante 20 días e teimou en mudar o réxime de explotación do encoro para "optimizar o rendemento" da súa central "poñendo en perigo os cidadáns de Pontedeume"