Un de cada catro empregos en Galicia está "exposto" ao impacto da aplicación da IA xerativa
A OCDE publica un informe que analiza os efectos en cada territorio da chegada desta nova tecnoloxía, que vai transformar un gran número de actividades e postos de traballo, especialmente nos sectores da comunicación, informática, financeiro ou da administración. O impacto en Galicia sitúase lixeiramente por debaixo da media española e dos países máis desenvolvidos