"O Goberno debería asumir que o rescate é froito dun fracaso colectivo"
Xosé Carlos Arias, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, censura "a impericia manifesta" dun Goberno ao que atribúe tamén "un grave problema de comunicación" ante a crise económica. O último episodio, o discurso de Mariano Rajoy tras o rescate financeiro: "Non se pode dar a entender que é como un agasallo; iso si que xera desconfianza".