Milleiros saen á rúa coa CIG para advertir "do suicidio que suporía votar o PP"
Unhas 50.000 persoas, segundo a central nacionalista, maniféstanse en diversas localidades de Galicia contra os recortes e a poucas horas do inicio da campaña electoral. Suso Seixo proporá ao resto de sindicatos unha folga xeral para o 14 de novembro.